A caseta e Pepe, a memoria do mar

O centro de visitantes dos Camiños de Andar ao Mar está localizado nunha auténtica caseta de pescador. Trátase dun tipo de construción habitual nas antigas aldeas mariñeiras, das que podes ver outros exemplares no propio Portocubelo ou, ao outro lado da praia de Carnota, en Caldebarcos. É cedida pola familia de Pepe do Cuco, o último que a utilizou para a súa función orixinal: protexer a súa xeiteiras e o resto de materiais de traballo ou ‘encascar’ as redes.

Dentro falarémosche dun modo de vida. Somos conscientes de que a tradición mariñeira mudou, de que a nosa relación co mar, sendo igual de estreita, avanza cos tempos. Por iso decidimos recoller e compartir a memoria, aínda viva, daquel tempo no que, hai tan só unhas décadas, as ferramentas, os materiais, as técnicas e os costumes eran distintos.

Tecnoloxía para mergullarte

Prepárate para una experiencia distinta. Nesta pequena caseta preparamos unha experiencia que, seguro, te vai sorprender. Xa o sistema de acceso está completamente automatizado, para que poidas acceder case calquera día do ano. Leva o teu móbil! O precisarás para entrar.

Xa no interior, unha montaxe audiovisual completamente automatizada, irá guiándote e contándoche historias do mar. Auténticas pezas orixinais conviven con vídeos e xogos de luces que van engarzando, como xoias que son, os recordos dramatizados que nos foron regalando os nosos e a nosas maiores para reconstruír a memoria colectiva. Un tesouro que se garda neste cofre que é a Caseta de Pepe do Cuco.

En apenas uns minutos, vivirás un momento para gardar; porque a historia te conmoverá e as posta en escena te asombrará.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros. Aceptar | Más información
Esta web utiliza cookies propias e de terceiros. Aceptar | Máis información