Que é MarGalaica. Ruta dos Faros de Galicia?

A Ruta dos Faros de Galicia é circuíto de touring que invita a coñecer a costa de Galicia cun percorrido que nos vai levando de faro en faro, descubrindo o mellor das paisaxes costeiras, as vilas mariñeiras e as mil formas de mergullarse na Galicia litoral.

A Ruta propón, en cada tramo, as visitas imprescindibles, conformando un catálogo do máis variado: praias infinitas, pequenas calas, cantís, lonxas e portos pesqueiros, vilas que conservan o encanto do antigo, museos para tradicións case perdidas…

Pero a Ruta tamén incorpora propostas de servizos turísticos. Son establecementos de turismo activo aloxamento pertencentes ao club de turismo mariñeiro MarGalaica.

Km 0 MarGalaica, a gastronomía do mar.
Ademais, seleccionamos o mellor da gastronomía, a través do selo específico Km o MarGalaica, que informa dos restaurantes que identifican na súa carta aqueles pratos elaborados con produtos procedentes do marisqueo e da pesca artesanal.

Coñece máis na web da Ruta dos Faros de Galicia.

Moi preto

Os faros máis próximos
Xa che falamos do Faro de Lariño, que forma parte dos Camiños de Andar ao Mar. En Carnota destaca tamén o das illas Lobeiras, ao que só se pode acceder en embarcacións. Cara ao interior da Ría de Muros Noia, atoparás, preto os faros de Louro e de Reboriño e, xa na outra boca da Ria, en Ribeira, o de Corrubedo.

En sentido contrario, e segundo avanzamos pola costa da Costa da Morte, van xurdindo o Faro de Cee e o mítico de Fisterra. Seguirán Touriñán, Punta da Barca Cabo Vilán….

Restaurantes Km 0 MarGalaica en Carnota
A mellor gastronomía, con certidicación Km 0 MarGalaica, está representada en Carnota por novos establecementos, como o restaurante e peixería turística (e venda ‘on line’ de mariscos e peixas) Mar da Morosa, en Mallou, ou o hotel e restaurante Morada da Moa, no Pindo. Un local máis tradicional é o Xouba-Casa Dosil, en Lira.

Pero hai máis propostas. Descarga aquí todas as actividades e restaurantes da Ruta dos Faros de Galicia nas proximidades (Seo de Fisterra e Ría de Muros Noia) Pero hai máis propostas. Descarga aquí todas as actividades e restaurantes da Ruta dos Faros de Galicia nas proximidades (Seo de Fisterra e Ría de Muros Noia)

Esta web utiliza cookies propias y de terceros. Aceptar | Más información
Esta web utiliza cookies propias e de terceiros. Aceptar | Máis información