Paisaxes do mar

A ruta dos Camiños de Andar ao Mar é a fórmula perfecta para coñecer o litoral de Carnota e mergullarse nunha paisaxe única. Entre o Faro de Lariño e a grande Praia de Carnota, percorre pequenos areais, zonas máis agrestes e o núcleo mariñeiro de Portocubelo, en Lira.

Está situada a cabalo entre dous espazos protexidos da Rede Natura 2000, o de Monte e Lagoa de Louro e o de Carnota-Monte Pindo, así que o mar e as súas paisaxes constitúen o grande atractivo. Ao longo do camiño, iremos axudándote a descubrir a riqueza biolóxica (aves, especies mariñas....) e tamén algúns dos episodios que conmoveron a veciños e foráneos, como os naufraxios do Ariete e do Prestixe.

Déixate levar polo arrecendo da brisa, o horizonte do mar, os son das ondas de do lagarteiro, as memoria dos mariñeiros e as historias de naufraxios.

Unha ruta para todos

RUTA LINEAL: Son un total de 8,3 km (ida), unhas 2 horas de percorrido.
A podes percorrer en calquera dos dous sentidos.
TRAZADO SUAVE: A ruta é moi cómoda, sempre a carón do mar, cun desnivel máximo de 15 metros.
ACCESO NORTE: Areeiros-Praia de Carnota. Baixamos dende a estrada por Maceiras.
ACCESO SUR: Faro de Lariño. Entramos dende o núcleo de Lariño.
ACCESO LIBRE: Por suposto, podes adentrarte nos Camiño por calquera punto da ruta: o punto de información turística de Miñarzos, Portocubelo, ou dende calquera das praias situadas a pé de itinerarios.

Información para todos

Os Camiños contan con 17 estacións ou paradas, incluíndo os dous accesos. Cada unha delas achega unha información sobre un elemento da ruta; ás veces visible na paisaxe, outras veces agochado baixo as augas e nalgún caso gardado na memoria das xentes de Carnota.

Co sistema SmartCARNOTA podemos acceder a todos os contidos en tres idiomas (galego, español e inglés), de xeito visual ou mediante escoita.

IDIOMAS EN LIÑA
Cada sinal conta, na esquina superior, cun código QR para acceder aos contidos da estación, podendo escoller idioma.

AUDIOGUÍAS
No sinal atoparás, ademais, outros tres accesos QR ás audioguías, dispoñibles en cada unha das tres linguas indicadas.

TURISMO INCLUSIVO
Co sistema SmartCarnota, que inclúe indicacions en Braille, conseguimos que todos poidamos gozar dos Camiños, facilitando que tamén as persoas con dificultades visuais tamén coñezan os seus segredos.

Acceso  Praia de Carnota
Inicio / Final de ruta
Acceso Praia de Carnota
LIC Carnota - Monte Pindo
Estación 01
LIC Carnota - Monte Pindo
A centola
Estación 02
A centola
O lagarteiro
Estación 03
O lagarteiro
Reserva Mariña dos Miñarzos
Estación 04
Reserva Mariña dos Miñarzos
Casetas de pescador
Estación 05
Casetas de pescador
Factorías de salga
Estación 06
Factorías de salga
Acuicultura
Estación 07
Acuicultura
O polbo
Estación 08
O polbo
O corvo mariño cristado
Estación 09
O corvo mariño cristado
Naufraxio do Ariete
Estación 10
Naufraxio do Ariete
Prestige: traxedia e soliariedade
Estación 11
Prestige: traxedia e soliariedade
Ourizo de mar
Estación 12
Ourizo de mar
O lavanco
Estación 13
O lavanco
A xeiteira
Estación 14
A xeiteira
LIC Monte e Lagoa de Louro
Estación 15
LIC Monte e Lagoa de Louro
Acceso Faro de Lariño
Inicio / Final de ruta
Acceso Faro de Lariño
Esta web utiliza cookies propias y de terceros. Aceptar | Más información
Esta web utiliza cookies propias e de terceiros. Aceptar | Máis información