Inicio / Final de rutae

Acceso Praia de Carnota

Os Camiños de Andar ao Mar recorren el litoral entre a Praia de Carnota e Punta Insua, en Lariño, co seu emblemático faro. A ruta constitúe unha homenaxe ás xentes do mar, deste mar ás veces tan bravo, pois elas abriron estes camiños no seu constante ir e vir para pescar ou mariscar. A paisaxe ten tamén un grande valor natural, enlazando dúas áreas da Rede Natura 2000, a do Monte e Lagoa de Louro e a de Carnota e Monte Pindo.

A ruta, entre a Praia de Carnota e o Faro de Lariño, ten 8,3 km, unhas 2 horas de traxecto (ida) de baixa dificultade.

A Caseta de Pepe do Cuco, centro de visitantes dos Camiños de Andar ao Mar, atópase a 2,8 km deste punto.

SmartCarnota.

Co sistema smartCARNOTA terás acceso á información via dixital.

Na ruta atoparás varias estacións, todas elas con acceso á información a través de código QR. Accede en calquera momento á web andaraomar.gal para descubrir todo sobre a ruta e sobre Carnota.Podes escoitar toda a información coas AUDIOGUIAS en GALEGO, ESPAÑOL e INGLÉS.


ESCOITA

LOCALIZACIÓN
Volver
Esta web utiliza cookies propias y de terceros. Aceptar | Más información
Esta web utiliza cookies propias e de terceiros. Aceptar | Máis información