Estación 09

O corvo mariño cristado

O corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis) identifícase pola súa plumaxe negra, na que resalta a cor amarela das comisuras do peteiro. Tamén habita por aquí o corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo), tamén de plumaxe negra pero con tons brancos na gorxa e cunha zona sen plumaxe nas mandíbulas que acada case ata os ollos. Especialmente característico do cristado é a crista que lle da nome, que asoma dende a fronte na época de cortexo.

Onde velo?

Sobre o mar, xa que é un bo pescador, xa que se alimenta sobre todo de peixes, tamén de moluscos. Entre os corvos mariños, o cristado e un dos mellores mergulladores, sendo quen de baixar a profundidades de 45 metros, con inmersións que poden superar o medio minuto e separadas unhas doutras por apenas uns segundos. Amais, pode percorrer grandes distancias na busca de alimento.

En época de cría adoita formar colonias, construíndo niños en abrigos na rocha, non moi próximos entre si, a base de algas, follas e ramas para a base e herbas ou plumas no interior. As colonias de cría son ruidosas, con constantes sons roncos e guturais.


ESCOITA

LOCALIZACIÓN
Volver
Esta web utiliza cookies propias y de terceros. Aceptar | Más información
Esta web utiliza cookies propias e de terceiros. Aceptar | Máis información