Estación 10

Naufraxio do Ariete

Foi aquí, en Ardeleiro, onde aconteceu.

O 25 de febreiro de 1966 zoaban ventos de 150 km/h e as ondas acadaban os 12 metros de altura. A fragata ‘Ariete’ saíra o día anterior de Ferrol e, xa á altura de Fisterra e en medio dun temporal, non tardou en sufrir estragos que deixaron ao buque case sen goberno e con avarías eléctricas que dificultaron o uso da radio. Non puido co temporal: o barco foi arrastrado ata preto das Illas Cíes e, tras rolar o vento, retrocedeu máis de 30 millas náuticas (uns 60 km).

Durante a mañá do 25, o primeiro en responder á mensaxe de socorro foi o petroleiro ‘Camporraso’, que nada puido facer e perdeu un dos seus tripulantes no intento de lanzar un cabo. Logo chega a fragata ‘Legazpi’, que tamén fracasou nos intentos de enganchar o Ariete para remolcalo. Ao final da tarde, o ariete, empuxado polo mar, encalla en Ardeleiro.

Veciñas e veciños de Lira e Carnota e Muros, curtidos na loita contra os temporais acudiron inmediatamente á praia e conseguiron lanzar un cabo ao Ariete, conseguindo, co seu esforzo, salvar a toda a tripulación.


ESCOITA

LOCALIZACIÓN
Volver
Esta web utiliza cookies propias y de terceros. Aceptar | Más información
Esta web utiliza cookies propias e de terceiros. Aceptar | Máis información