Estación 11

Prestige: traxedia e soliariedade

13 de novembro de 2002. O petroleiro Pretige afúndese no Atlántico, fronte as costas de Galicia. O derrame do cru que transportaba provoca unha marea negra que afecta a 2.000 km de costa na Península e ata Francia; un dos maiores desastres medioambientais na historia de Europa.

Carnota atópase no epicentro, na zona máis afectada. Praias e cantís cubríronse daquel chapapote que ameazou a vida de numerosas especies, sendo moi frecuentes as imaxes de aves con todo o corpo cuberto daquela pasta negra.

Os voluntarios.

Na parte positiva, a reacción internacional de solidariedade foi tamén extraordinaria. Ríos de voluntarios acudiron a Galicia para axudar na limpeza de praias. En Carnota recordamos ás chegadas de Castela e León, que actuaron nas nosas praias (como as de Susiños, Carnota ou Mar de Lira). A súa estampa, cubertos cos equipos de protección brancos e manchados de chapapote, forman xa parte da nosa historia.

A estes voluntarios está dedicada a Ruta Solidaria, que percorre este tramo de litoral no que nos atopamos.


ESCOITA

LOCALIZACIÓN
Volver
Esta web utiliza cookies propias y de terceros. Aceptar | Más información
Esta web utiliza cookies propias e de terceiros. Aceptar | Máis información