Estación 12

Ourizo de mar

Comezamos cun pouco de bioloxía...

O ourizo de mar que atopamos en Carnota (Paracentrotus lividus) caracterízase polas súas longas púas. É na parte inferior, a que apoia na rocha, onde posúe a súa boca. Conta cuns pequenos apéndices, a xeito de pés, rematados en ventosas, cos que se despraza e presenta simetría pentarradial (o mesmo que a estrela de mar) especialmente visible cando o abrimos. Sensible á calidade das augas, aliméntase de algas e ás veces recóbrese con elas, o que lle serve, amais, para protexerse da luz intensa.

...e rematamos con algo de cultura.

Na actualidade cada vez é máis doado ver ao ourizo nos restaurantes pero aquí en Carnota vense consumindo de xeito tradicional, sendo mesmo un alimento típico na Semana Santa. Na zona máis próxima á costa pode capturarse a pé; mais dentro do mar, os mergulladores achéganse en embarcacións e descenden, ata máis de 10 metros, en apnea ou con subministro de aire dende a superficie. Na Reserva dos Miñarzos, pode extraerse entre novembro e abril.


ESCOITA

LOCALIZACIÓN
Volver
Esta web utiliza cookies propias y de terceros. Aceptar | Más información
Esta web utiliza cookies propias e de terceiros. Aceptar | Máis información