Estación 13

O lavanco

O lavanco é unha ave moi habitual nas zonas de zonas húmidas, especialmente de augas pouco profundas, nas que o podemos atopar formando grupos. Aquí busca plantas acuáticas, o seu alimento favorito, aínda que non desbota comer insectos, vermes ou pequenos moluscos e peixes, así que

Ao macho o identificamos rapidamente pola súa vistosa plumaxe, con cores verdes irisadas en cabeza e pescozo e con tons azulados en parte das ás, moi visibles cando voa. A femia presenta cores pardas, moi útiles para camuflarse durante a cría, xa que non abandona o niño. Este dimorfismo sexual é moi común nas aves da familia da anáitidas.

O mellor momento para velo?

En febreiro é época de apareamento. O lavanco exhibe un vistoso cortexo nupcial, cun complexo despregue de posturas, bater de ás, xiros e sacudidas de cabeza, estiramento de cola e golpeo da auga co bico. No comezo da primavera xa podemos ver ás crías nadando en grupo coa nai, e logo dun par de meses xa son quen de voar.


ESCOITA

LOCALIZACIÓN
Volver
Esta web utiliza cookies propias y de terceros. Aceptar | Más información
Esta web utiliza cookies propias e de terceiros. Aceptar | Máis información