Estación 14

A xeiteira

A xeiteira era a embarcación por excelencia para a captura da sardiña. Toma o nome da arte do xeito, unha rede dun único pano que se largaba no mar, xeralmente en dous lances, o de ‘asexo’, no solpor, e o de ´alba’, xusta antes do amencer. O xeito esténdese no mar, fixado a embarcación por un único extremo: a ‘tralla’ superior serve para fixar as boias, que a manteñen a flote, e a ‘talla’ inferior vai lastrada con chumbos.

É unha embarcación con vela de relinga, de forma trapezoidal, que lle confería axilidade e velocidade. Nela faenaban entre catro e seis persoas, incluíndo habitualmente a un ‘rapás’, que realizaba tarefas de mantemento e ía aprendendo o oficio. Comezaba a campaña da sardiña arredor do mes de abril, coa chegada ás costas das primeiras sardiñas, e se mantiña ata iniciado o outono, cando o mal tempo dificultaba o traballo e a sardiña desaparecía.

En Caldebarcos, no outro extremo da praia de Carnota, construíuse a última xeiteira que se conserva en Galicia, a ‘Marina’, hoxe no Museo Massó de Bueu.

Ademais.

Xa non navegan as vellas xeiteiras, pero en praias como a de Mar de Lira ou portos como os de Portocubelo e Quilmas, aínda atopamos embarcacións que manteñes formas tradicionais.


ESCOITA

LOCALIZACIÓN
Volver
Esta web utiliza cookies propias y de terceros. Aceptar | Más información
Esta web utiliza cookies propias e de terceiros. Aceptar | Máis información