Estación 15

LIC Monte e Lagoa de Louro

O Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) Monte e Lagoa de Louro, da Rede Natura 2000, esténdese polo litoral do sur de Carnota, dende a praia de Lariño ata Portocubelo. Ao longo do camiño imos atopar distintas formacións costeiras, sobre todo rochosa, como pequenos cantíns ou prias de grandes coios. Entre elas tamén pequenas praias de area e zonas dunares,

Na liña de costa é doado atopar crebas, refugallos arrastrados polo mar cara á costa. Tamén son abundantes os distintos tipos de algas. A máis común e a laminaria (Laminaria ochroleuca), coas súas características láminas anchas de cor pardenta ou amareleda. Cara ao interior, a vexetación é de monte baixo, con matogueiras nas que atopamos matogueira de breixo e, nalgún regato, pequenos bosques de ribeira.

Podemos ver voar un miñato (Buteo buteo), quizais cazando algún dos réptiles frecuentes na zona. Hai gran variedade deles, sobre todo preto dos cursos de auga doce, como a píntega común (Salamandra salamadra), a píntega rabilonga (Chioglossa lusitanica), ou o lagarto das silvas (Lacerta schreiberi), de corpo verde e cabeza azulada

Na proximidades, en terreo elevado, podes ver os restos dunha edificación circular; é o que queda dun muíño de vento comunal de Lariño, construído no 1914.

Ademais.

A norte da Punta Insua, onde está o faro, esténdese a Praia de Lariño, outro dos grandes areais de Carnota, xa compartido co municipio de Muros.


ESCOITA

LOCALIZACIÓN
Volver
Esta web utiliza cookies propias y de terceros. Aceptar | Más información
Esta web utiliza cookies propias e de terceiros. Aceptar | Máis información