Estación 01

LIC Carnota - Monte Pindo

Este lugar de Importancia Comunitaria (LIC) da Rede Natura 2000 abrangue boa parte do litoral de Carnota, incluíndo as illas Lobeiras. No norte, destaca a silueta do Monte Pindo (627 m.), que alberga especies como o carballo anano (Quercus lusitanica), unha especie en alto risco de extinción, e onde se agocha o raposo (Vulpes vulpes). As moles de granito forman figuras ‘humanas’ e, segundo as lendas, son fogar de antigos deuses.

Aquí, na parte baixa, domina o conxunto formado polas marismas de Caldebarcos e a praia de Carnota. A zona lacustre está poboada por xuncos (Juncus maritimus) e outras especies halófilas (que habitan en ambientes con grande cantidade de sales) e é un paraíso para aves como a píllara papuda (Charadrius alexandrinus).

A praia, o maior areal de Galicia, alberga un ecosistema dunar con herbáceas adaptadas, como a embigueira da praia (Omphalodes littoralis), que florece de marzo a xuño por apenas dous ou tres días. Fíxate nos seus pétalos brancos e azuis e, sobre todo, procura non danala, xa que está en perigo de extinción.

Ademais.

Nos montes que rodean o LIC agárdanos outra ruta, a do Museo Arqueolóxico aberto, na que podemos visitar o Castro de Mallou ou conxutos de petróglifos, como o da Laxe Escrita.


ESCOITA

LOCALIZACIÓN
Volver
Esta web utiliza cookies propias y de terceros. Aceptar | Más información
Esta web utiliza cookies propias e de terceiros. Aceptar | Máis información