Estación 02

A centola

Á centola, raíña do marisco, a identificamos rapidamente polo seu caparazón de grande tamaño, que pode chegar aos 18 cm de anchura nos exemplares adultos. As púas facilitan o asentamento de algas, larvas e outros organismos axudando a camuflar os seu exoesqueleto de cores chamativas.

Neste decápodo, oito das extremidades as emprega como patas mentres que as dúas dianteiras contan con pinzas longas e lisas, máis desenvolvidas nos machos.

Os individuos máis novos habitan preto da costa, en augas pouco profundas. Dende finais de verán, os adultos intérnanse quilómetros no mar buscando zonas profundas para o apareamento e a posta de ovos.

Como se pesca?

Pescamos a centola con diversas artes. Coa nasa, o tamaño da boca permite que os exemplares pequenos poidan saír sen problemas. Preto da costa emprégase o bicheiro ou gancho coa axuda dun espello ou mirafondos, unha caixa con base de cristal que permite ver a través da auga. Tamén se utilizan artes de enmalle, con distintos tipos de rede, que son menos selectivas.

Ademais.

Non te esquezas gozar da gastronomía do mar durante a túa vista a Carnota, preguntando sempre polos produtos locais de temporada en calquera dos nosos restaurantes.


ESCOITA

LOCALIZACIÓN
Volver
Esta web utiliza cookies propias y de terceros. Aceptar | Más información
Esta web utiliza cookies propias e de terceiros. Aceptar | Máis información