Estación 03

O lagarteiro

Esta ave rapaz mide de envergadura (de punta a punta das ás) uns 75 cm. Aproximadamente, e ten unha lonxitude de 53 cm. A súa silueta é, como a de todas as falcónidas, de ás longas e afiadas e de cola igualmente longa. Fíxate na cor da plumaxe pardo-rubia e na súa característica cola, de cor gris e con borde arredondado.

Cría na primavera e a incubación dura un mes. Durante as catro ou cinco semanas que tardan as crías en abandonar o niño os adultos permanecen xuntos.

Onde a cando velo?

É unha ave diúrna e doada de ver. Ademais non migra, así que a podemos albiscar por Carnota todo o ano. Habita en campo aberto e aniña en fendas que atopa nas rochas ou nas fachadas ou mesmo no chan. Incluso ocupa niños doutras aves. Cando caza permanece en voo estacionario, case inmóbil, a uns 10-20 metros de altura buscando unha presa. Cando a atopa lánzase en picado.

Ademais.

Estás moi preto de Lira, con seu conxunto entográfico, no que destaca o tan famoso Hórreo de Lira, cos seus viente e dous pares de pés.


ESCOITA

LOCALIZACIÓN
Volver
Esta web utiliza cookies propias y de terceros. Aceptar | Más información
Esta web utiliza cookies propias e de terceiros. Aceptar | Máis información