Estación 05

Casetas de pescador

As casetas de pescador son un tipo de construción moi habitual en zonas de tradición mariñeira mais, en Carnota, o costume de construílas en pedra fixo que perdurasen no tempo, ben en agrupacións como as le Portocubelo e Caladebarcos, ben dispersas polo litoral.

Funcionan como almacéns para embarcacións e aparellos de pesca. Algunhas están preparadas para o encascado, un tratamento para a impermeabilizar e protexer as redes de fibra natural cocéndoas coa cortiza de árbores, de xeito que a resina quedase adherida e actuase como protección.

A arquitectura é sinxela, só algo mái complexa cando debe salvar desniveis en zonas de rocha. Son espazos duns 30 m2, de pedra labrada e cuberta de tella a unha ou dúas augas. Sorprende a pequena porta de acceso, sobre todo pensando que por ela pasaban as embarcacións. No interior era importante o desaloxo de augas e restos da pesca; para o cal contaban con aberturas na porta e vigas sobre as que colocar os aparellos sen tocaren o chan. Xeralmente contaban con poucos vanos ao exterior, con contras, para a ventilación da estancia.


ESCOITA

LOCALIZACIÓN
Volver
Esta web utiliza cookies propias y de terceros. Aceptar | Más información
Esta web utiliza cookies propias e de terceiros. Aceptar | Máis información