Estación 06

Factorías de salga

Houbo un tempo, entre os séculos XIX e XX, en que esta praia de Portocubelo e os areais próximos fervían de actividade. Ducias de embarcacións chegaban cargadas de sardiña para fornecer ás distintas factorías de salga, logo de conserva, situadas a pé de praia. Foi época de primeira industrialización, de pulo económico para Carnota e, tamén, dos primeiros conflitos laborais nunha sociedade que pasaba dos modos tradicionais a depender de grandes industriais.

Aínda se conservan pegadas daquela época, non tan lonxana. As ruínas deste recanto lembran que aquí estivo a planta de salga construída por José Beiro, veciño de Lira, e que logo pasaría a mans da familia Portals, afincada en Esteiro e propietaria doutras instalacións similares. Na década de 1960, o empresario Daniel Rodríguez Calvo a adaptaría para a produción de conserva, seguindo as novas demandas do mercado. Moita xente na contorna lembra aínda traballar para esta factoría, coñecida como ‘Fábrica de Daniel’. Os tres picos da fachada, correspondentes ás cubertas, son moi habituais e característicos destas arquitecturas do mar.


ESCOITA

LOCALIZACIÓN
Volver
Esta web utiliza cookies propias y de terceros. Aceptar | Más información
Esta web utiliza cookies propias e de terceiros. Aceptar | Máis información