Estación 07

Acuicultura

Un dos grandes retos do presenta no mundo da pesca é a cría en catividade. A crecente demanda de peixe e alimentos en xeral debe resolverse sen aumentar a presión sobre os océanos. Ademais da necesaria mellora na xestión dos recursos alimentarios, a cría pode ser unha solución, non exenta de riscos ambientais, en particular polo seu consumo enerxético e polos residuos que debe tratar.

A cría en catividade é, por outra banda, un reto científico polas dificultades de adaptación das distintas especies. Na planta acuícola de Carnota prodúcese rodaballo (Psetta maxima) e linguado (Solea senegalensis). No tocante á primeira especie, Galicia é una das grandes produtoras europeas, sendo o linguado de máis recente incorporación.

A cría das larvas é a fase máis complicada, de xeito que hai empresas epecializadas. Durante o crecemento, os exemplares son clasificados segundo o tamaño en tanques terrestres, integrados nun circuíto de bombeo de auga mariña, axustando as condicións de alimentación. Tanto o rodaballo como para o linguado tardan ata 30 meses en acadar unha talla axeitada para a comercialización.


ESCOITA

LOCALIZACIÓN
Volver
Esta web utiliza cookies propias y de terceros. Aceptar | Más información
Esta web utiliza cookies propias e de terceiros. Aceptar | Máis información