Estación 08

O polbo

O polbo habita zonas litorais pouco profundas. Aquí o atopamos dende a mesma liña de costa, aproveitando tamén os numerosos baixíos. É un animal xeralmente solitario e territorial, tendo cada individuo o seu acubillo. Como carnívoro, alimentándose de peixes, crustáceos e moluscos; mesmo pode comer outros polbos. Achégase á presa lentamente, cambiando de cor, para logo abalanzarse sobre el empregando o seu sistema de propulsión e inmobilizala.

O seu comportamento é sorprendente e, para moitos científicos, intelixente. Conta cun sistema nervioso complexo que abrangue todo o seu corpo, de feito que, entre cabeza e tentáculos, conta con nove “cerebros” que actúan con relativa autonomía.

A captura.

A pesca do polbo realízase utilizando nasas unidas por cordas. Os aparellos son largados ao mar dende embarcacións, para seren recollidos na xornada seguinte. Á veces lárgase un primeiro lance curto, dunhas catro horas; tralo cal se recollen as capturas e se deixan de novo as nasas no mar. Así chega á lonxa e ás peixerías, para se converter en rei da gastronomía galega.


ESCOITA

LOCALIZACIÓN
Volver
Esta web utiliza cookies propias y de terceros. Aceptar | Más información
Esta web utiliza cookies propias e de terceiros. Aceptar | Máis información