Experiencia única

Memoria, natureza e tecnoloxía. Estas son as claves sobre as que está deseñada a experiencia dos Camiños de Andar ao Mar

MEMORIA porque a proposta comeza cunha ruta trazada sobre os sendeiros que abriron os nosos antepasados no seu ir a vir diario. A intervención sobre os mesmos é mínima, o xusto para que o seu tránsito sexa máis doado. Memoria tamén porque na andaina irás descubrindo pegadas e historias daquelas xentes.

NATUREZA porque ela o envolve todo, co son do mar como banda sonora, coa inmensidade do océano sempre no horizonte e coa riqueza máis agochada, que che axudaremos a descubrir, dos dous espazos da Rede Natura 2000 que unen os Camiños.

TECNOLOXÍA porque quixemos que a posta en escena sexa un valor engadido. Na Caseta de Pepe do Cuco, o centro de visitantes dos Camiños, vivirás unha experiencia como en ningún outro espazo etnográfico. Os recursos técnicos, cunha automatización única en espazos etnográficos, crean un discurso singular para contar unha historia inimitable.

A palabra dos devanceiros e o son do mar

Xa antes de botar a camiñar, sentirás que te estremece a contorna. O bater do mar, o horizonte infinito a un lado e as ladeiras que ascenden no outro estarán sempre presentes. Ocasionalmente saíran ao paso o zoar do vento, a chío do lagarteiro ou a area das praias.

Pero ademais, axudaremoste a descubrir outros segredos, mais ocultos, da nosa paisaxe e da nosa historia. Pequenas pinceladas sobre os animais que te sobrevoan ou que nadan a poucos metros de ti; tamén relativas aos oficios do mar ou episodios tráxicos, como os naufraxios de Ariete e do Prestige.

E, como gran protagonista, ademais desa poderosa paisaxe, a memoria das xentes do mar que che desvelamos na Caseta de Pepe do Cuco. O lugar escollido non pode ser máis axeitado, unha auténtica caseta de pescador en Portocubelo, Lira, un dos grandes núcleos mariñeiros de Carnota, que, froito dunha longa tradición, conta con confraría , porto pesqueiro e lonxa propias. Tamén, a poucos metros, aínda son visibles os restos das factorías de salga, testemuña da primeira industrialización no litoral.

Por onde queres continuar?

Coñecer as rutas
A Caseta de Pepe do Cuco
Descargar o track e máis Info
Esta web utiliza cookies propias y de terceros. Aceptar | Más información
Esta web utiliza cookies propias e de terceiros. Aceptar | Máis información